Ruta cabalar e magosto en Vincios

FOTO: PEPE COSTAS

A comparsa “O Mellor de Cada Casa” de Vincios organiza este sábado 23 de novembro unha ruta cabalar e un magosto. O evento comezará ás 17:30 horas no Torreiro de Festas de Santa Mariña, coa saída da ruta cabalar e castañas gratis ata fin de existencias. Ás 21:30 horas comezará a cea, con churrasco de porco, medio criollo, polo, patacas, café e sobremesa, e a partir das 22:00 horas, festa cos dj’s Darío GZ, Kovigz e Ruby Gómez. Haberá carpa.

Anuncios