Gondomar estuda a instalación de cámaras de control de tráfico

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o concelleiro de Seguridade, Jose Manuel Chamorro, mantiveron este venres un encontro con responsables das forzas de seguridade e técnicos en sistemas de control. Na reunión abordáronse as liñas de traballo para dar cobertura de seguridade aos diferentes edificios municipais, así como para a instalación de futuras cámaras de control de tráfico e accesos á localidade, casco urbano e zona peonil.