Exposición sobre o mar do CPI Cova Terreña na Capitanía Marítima

Este venres inaugurouse na Capitanía Marítima de Baiona a exposición sobre o mar “Cooperando, fixemos unha boa marea!”, na que se poden observar os traballos realizados en equipos cooperativos polo alumnado do CPI Cova Terreña das aulas nas que imparte clase profesorado do centro que participa no Programa CA/AC “Cooperar para Aprender, Aprender a Cooperar” da Universidade de Vic, asesorados polo CFR de Vigo, e que teñen como obxectivo ensinar a traballar en equipo.

No acto, que contou coa presenza do alcalde en funcións de Baiona, Ángel Rodal, e a directora do Cova Terreña, Isabel Martínez Cabaleiro, actuou o coro do colexio. A mostra estará aberta ao público durante a fin de semana de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, o luns día 3 de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas e o martes 4 en horario de 9:00 a 13:00 horas.