Gondomar entregou xa preto de 200 composteiros aos veciños da localidade

O goberno local de Gondomar segue adiante na súa política a prol da defensa do medio ambiente coa entrega de composteiros á veciñanza. Nos últimos seis meses entregáronse 194 composteiros, a través da Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Brais Misa. De aquí a fin de ano anunciarase unha nova entrega de 90 novos composteiros máis.