Alerta por ventos de ata 110 qm/h na provincia de Pontrevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por ventos nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espéranse ventos do Noroeste que poden acadar refachos de 110 qm/h no noroeste, oeste e suroeste da provincia de A Coruña e na zona das rías baixas e Miño, na provincia de Pontevedra. No resto da Comunidade os refachos de vento poderán acadar os 90 Km/h (nivel amarelo).

Ademais, recoméndase manterse permanentemente informado e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Anuncios