A Casa do Concello de Nigrán iluminarase esta noite e a vindeira de azul con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes o 14 de novembro. Ademais, unha lona conmemorativa luce nun dos balcóns do Concello. O municipio súmase así á campaña que en Galicia promove Anedia, Asociación de Nenos con Diabete de Galicia. Esta consiste en tinguir de azul os puntos máis representativos de cada vila co obxectivo de facer visible esta enfermidade e solidarizarse cos enfermos.
O Concello de Nigrán iluminarase de azul no Día Mundial da Diabetes

