A Biblioteca de Baiona contará cun Punto de Interese Feminista

O Concello de Baiona presentará este xoves día 14 de novembro ás 19:15 horas o Punto de Interese Feminista na Biblioteca Municipal. Trátase dunha escolma de títulos de temática feminista para todas as idades que son fundamentais para construír unha sociedade en igualdade. Este é un punto de partida para un proxecto en crecemento cuxo obxectivo a maiores de promover o feminismo é poñer en valor o traballo de escritoras que foron situadas nun segundo plano por seren mulleres, independentemente de que os seus libros falen de feminismo ou non. Para o evento contarán coa presenza de Iria Misa, escritora e docente veciña de Baiona que conta no seu haber con varias publicacións como “Xa non estou aquí” (2016), “Segredos no Solpor” (2018), “Mamá, quero ser Ziggy Stardust” (2018) entre outras.

Anuncios