Primeiro campionato de League of Legends do Val Miñor na Ramallosa

O próximo sábado día 16 de novembro xogarase no Random Gaming Bar situado en Ramallosa (Avda. Manuel Lemos) o primeiro torneo de League of Legends do Val Miñor, un xogo de ordenador cooperativo no que participan ao día 8 millóns de persoas e que visualizaron o campionato do mundo uns 3 millóns, soamente na zona de España. A competición desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas, e os interesados en participar deberán inscribirse previamente no propio local.

O bar, dedicado sobre todo a videoxogos, xogos de mesa e manga (cómics xaponeses) ten como obxectivo achegar ás familias para pasar o rato xogando, quedadas de amigos nun ambiente agradable e distendido. O seu obxectivo é a busca do entendemento entre a tecnoloxía que usan os rapaces e os adultos. O bar está composto de 10 pc’s gaming, 1 Nintendo Switch, 2 PS4, un simulador de carreiras e unha consola retro.

Anuncios