Eixotolo organiza unha excursión a Lobios

A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo de Camos organiza o próximo domingo 24 de novembro unha excursión a Lobios en Ourense, con saída ás 8:30 da mañá desde o Mercadona de Porto do Molle. O prezo é de 15 euros e de 18 euros con dous bocadillos, dúas augas, dúas froitas e dúas madalenas. O tempo aproximado de autobús é de dúas horas e media, polo que haberá algunha parada no camiño. O obxectivo é facer unha andaina en Padrendo, unha ruta con dificultade media-alta, un pouco dura, duns 10 quilómetros, para completar en 5 horas.

Se aconsella levar calzado moi cómodo para subir e baixar polo monte e tamén algo para comer e beber. É un ascenso a uns 900 metros cun desnivel de 430 metros. Un lugar bonito con muíños, unha fervenza que se pode ver desde o alto, cabanas antigas onde se gardaban os queixos… e onde hai pequenas aldeas do interior de Galicia. Se dera tempo farase unha parada nas augas termais.

A praza de autobús será por orde estrita de inscrición, quedando reservadas as catro primeiras para os membros da organización. Os interesados en anotarse deberán facelo no teléfono 648 023 014.

Anuncios