Baiona inicia o luns a substitución dunha das pontes de madeira do paseo da Ladeira

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Ponte de madeira sobre o río Guillade.

A partires deste luns 11 de novembro comezan as obras para a substitución dunha das pontes de madeira do paseo da praia Ladeira. Trátase da ponte que está sobre a marisma, case chegando á entrada do cámping, por detrás do cemiterio de Sabarís.

Esta estrutura atópase bastante danada e non era posible facer unha reparación que resultase adecuada, por isto decidiuse aproveitar fondos do Plan Concellos de Deputación e facer unha ponte nova. Así os veciños poderán desfrutar do percorrido a carón da Foz con seguridade e comodidade.

As obras teñen un prazo de execución de 4 semanas e as realizará a empresa Morgasan con gran experiencia no sector da madeira por un importe de 32.344,73euros. Esta parte do paseo permanecerá pechada aos viandantes mentres duren as obras.

Anuncios