Un alumno do CEIP da Cruz, finalista internacional do concurso “Investigadores da auga”

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega esta mañá do premio como finalista internacional de debuxo dixital infantil “Investigadores da auga” a Oliver Mariuzza Pazos, alumno de 5º de Primaria do CEIP da Cruz (Camos). O rapaz recibiu un smartwatch e unha mochila grazas ao seu traballo “Investigación de los criminales del agua”.

Nesta edición do pasado curso 2018/2019, mantendo a aposta por potenciar a creatividade dos máis pequenos e pequenas, e intensificando aínda máis a súa función didáctica, Aqualia convidou aos escolares de 3º e 4º de Primaria de España e Portugal a converterse en investigadores, pescudar de onde vén a auga que consumen cada día e onde vai despois de utilizala. A través do microsite www.investigadoresdaauga.gal facilitou a participación e o acceso libre do profesorado e do alumno á zona de desenvolvemento creativo e a sección “Aprende”, dotada de materiais educativos cos que ampliar o seu coñecemento.

2019-11-08 - dibujo_5411

Anuncios