Gondomar repartirá 20 novos composteiros entre a veciñanza

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, repartirá 20 novos composteiros entre os/as veciños/as que estén interesados en facer compostaxe nas súa casas. A entrega farase por orde de petición o vindeiro venres día 15 de novembro no Centro Neural (Xefatura de Policía).

Os interesados e as interesadas deberán facer a súa reserva chamando ao número gratuito 900 107 382, en horario de 9:00 a 13:00 horas pola mañá, e de 16:00 a 18:00 horas en horario de tarde. Deberán deixarse os datos ao operador ou operadora (non no contestador automático).

Anuncios