Gondomar colabora coa organización do Rally Rías Baixas

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o presidente da Escuadra Rías Baixas, Fernando Mouriño, asinaron esta semana o convenio de colaboración para a organización da 53ª edición do Rally Recalvi Rías Baixas, cunha dotación de 3.000 euros. A proba, que se desenvolveu o pasado mes de maio, contou con tres tramos cronometrados na localidade.

Anuncios