As mesas electorais do Cova Terreña trasládanse ao Pavillón de Deportes

O Concello de Baiona habilitará este domingo o Pavillón de Deportes Municipal como alternativa ao CPI Cova Terreña para instalar as mesas electorais. Os baioneses e baionesas que deben votar neste centro educativo do municipio deberán facelo por tanto nesta ocasión nas instalacións deportivas que están situadas xusto á beira do colexio. Este cambio xa viña reflectido nas Tarxetas Censuais que os veciños e veciñas recibiron nas súas casas.

Anuncios