Magosto e Samaín no Centro Cultural de Camos

A Asociación A Camoesa do Centro Cultural de Camos celebra este sábado día 9 de novembro un Magosto e o Samaín. O evento comezará ás 17:00 horas cun concurso de cabazas. Tras a animación de Voltereta e Volvoreta, que comezará ás 18:00 horas, entregaranse os premios ás 19:30. Desde as 20:30 horas haberá castañas asadas, para finalizar coa actuación de Pros&Ma a partir das 22:00 horas.

Anuncios