Luz verde a un centro de equinoterapia e escola hípica en Gondomar

O goberno local de Gondomar deu luz verde a unha licenza para a posta en marcha dunha escola hípica e equinoterapia nun ámbito de Tumbio, na parroquia de Vincios.

Desde o executivo, que preside Paco Ferreira, mostran a súa satisfacción ante este tipo de iniciativas que proban que “estamos ante un municipio vivo, polo que moitos apostan e cun crecemento e desenvolvemento totalmente activos”.

Tamén agradece a confianza das persoas que “apostan por Gondomar para poñer en marcha os seus proxectos empresariais” que, como neste caso, ofrecerán a oportunidade a veciños do municipio e da comarca de contar cun novo espazo para o deporte, a formación e, tamén, a aplicación de novas terapias.

Anuncios