
Este sábado día 2 de novembro celebrouse o 2º Torneo Federativo de Sala de Tiro con Arco no Pavillón Municipal de Galán (Arteixo-A Coruña), organizado polo club Arc-Teixo e incluído na Liga Galega unificada de sala da tempada 2019/2020. Participaron 14 clubs no torneo celebrado o sábado pola tarde de arco Instintivo, Long Bow e espido con 43 arqueiros na liña de tiro, e 7 clubs no torneo celebrado o sábado pola tarde de arco recurvo de menores con 20 arqueiros na liña de tiro.
O Club Serra de Gondomar foi representado por 5 deportistas: Alberto Villarreal Salgueiro, Camilo Pardal Luis, Manuel Costal Giráldez, Jerónimo Mosquera Rodríguez e Rubén Rodríguez Alleres. Gañaron catro medallas: un primeiro posto en arco instintivo para Alberto Villarreal, categoría na que Camilo Pardal finalizou en terceira posición, un terceiro posto en arco espido para Manuel Costal e un terceiro posto en arco composto para Rubén Rodríguez.