Baiona abre as inscricións para o 21º Cros Escolar do Val Miñor

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza o 21º Cros Escolar do Val Miñor, conxuntamente coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade, que se desenvolverá o domingo 15 de decembro no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabarís.

A proba comezará ás 10:45 da mañá e finalizará ás 12:50 horas coa entrega de trofeos. Participarán as categorías Chupetes (nados 15-16, distancia a percorrer 80 metros), Pre- Benxamín (nados 13-14, distancia a percorrer 400 metros), Benxamín (nados en 11-12, distancia a percorrer 750 metros), Alevín (nados en 09-10, distancia a percorrer 1.500 metros), Infantil (nados en 07-08, distancia a percorrer 1.500 metros Infantil Feminino e 2.000 Masculino) e Cadetes (nacidos en 05-06, distancia a percorrer 2.250 metros Cadete Feminino e 3.500 Masculino).

Cada centro educativo pode facilitar a lista de participantes, ou os interesados en participar poden inscribirse no Pavillón de Deportes, a través dos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881 ou o correo electrónico deportes@baiona.org, facilitando os seus datos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 11 de decembro.

Cada centro ou entidade que participe debe ter aos seus pequenos mutualizados a través do portal de Xogade. Nas categorías Prebenxamín e Chupete a Concellería de Deportes de Baiona realizará un seguro de accidentes propio para cubrir a carreira, xa que están fóra do programa Xogade.

Máis información nos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881, no fax 986 358 078 ou a través do correo electrónico deportes@baiona.org.

Anuncios