Cunha traxectoria de máis de 25 anos no Val Miñor, o Taller de Claudio Maseiro expón as súas obras no Auditorio do Concello de Nigrán. Aínda que en este cuarto de século de traxectoria por este taller teñen pasado máis dun millar de alumnos da comarca, a mostra dos traballos céntrase nos actuais discípulos. Obras de diversos estilos, cun selo especial en cada unha, poderán apreciarse dende o 6 ata o 22 de abril, de xoves a sábado de 18:00 a 20:00 e os domingos de 11:00 a 13:30 horas. A exposición inaugurarase este venres ás 19:00 horas.
O Taller de Claudio Maseiro expón as obras dos seus alumnos no Auditorio de Nigrán

