Nigrán inicia o curso “Manualidades e moldeado e pintado con obxectos reciclados”

O Concello de Nigrán deu inicio onte ao curso gratuíto “Manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados” organizado no marco do Programa da Deputación de Pontevedra “Tecendo Lazos”, que non se celebraba en Nigrán dende hai 3 anos e que conta nesta edición con 15 persoas inscritas. Á inauguración do mesmo no local da Asociación de Veciños “A Irmandade de Priegue” acudiu a deputada provincial e concelleira Raquel Giráldez, o alcalde Juan González, a concelleira de Maiores María Mayán, e o presidente da asociación Manuel Fernández.

Anuncios