Antonio Gómez, novo adestrador do Gondomar CF

Antonio Santiago Gómez Fernández, máis coñecido como Antonio Gómez, nado en Vigo o 13 de xullo de 1957, é o novo adestrador do Gondomar CF. Foi xogador do Real Club Celta, e debutou no 1976 na Primeira División. Dous anos máis tarde cambiou Balaídos por La Romareda, xogando tamén co cadro maño na Primeira. Volveu a Vigo, permanecendo nas filas celestes até 1984. Durante a súa carreira deportiva, Antonio Gómez xogou no centro da defensa, tanto de central como de libre. Chegou a ser internacional nunha ocasión coa Selección Española Sub-21.

Unha vez que colgou as botas, deu o salto aos bancos, cunha ampla carreira. Adestrou ao Juvenil de Ponteareas, pasando posteriormente ao Celta B, Pontevedra CF, CD Numancia, co que ascendeu a Segunda A tras a súa incorporación en decembro de 1996. Máis tarde adestraría ao Real Valladolid B, FC Cartagena, Benidorm CD, Club Deportivo Ourense e Cultural Leonesa no 2007. No 2010 o Real Murcia contratouno para dirixir ao filial en Terceira División logo de adestrar ao CD Choco. No 2011 converteuse en adestrador do Porriño Industrial CF. En xuño de 2012 os dirixentes do Coruxo Fútbol Club fixeron oficial a contratación como novo adestrador do equipo verde para a temporada 12/13, sucedendo a Josiño Abalde, sendo o adestrador previo a Rafa Sáez. O 26 de decembro de 2015 incorpórase como novo adestrador da AD Mérida trala destitución de Ángel Luis Alcázar. O 22 de xuño de 2017, volveu á casa que lle viu saír como xogador, adestrando ao Gran Peña na primeira autonómica.

Coñecedor da historia do Club, e de moitos campos e equipos da categoría, traballador nato e motivador, este home de retos asume a dirección do Gondomar CF co obxectivo de poñer ao Club á altura da súa historia.

DECLARACIÓNS

Que é o que che impulsa a aceptar o reto do Gondomar CF?

Sendo sincero como eu son, é o primeiro equipo que me chama esta tempada para adestrar. O segundo que me queiran xa que ao meu ilusióname e gústame moito adestrar, xa sexa para dirixir os domingos ou só para adestrar, pero quero facer fincapé en que me gusta o que me queiran para formar parte dun proxecto.

En que vai ser recoñecible o equipo de Antonio Gómez?

Non me vou a vender, creo que ningún adestrador debe facelo, xa que non son de ter un estilo de xogo definido. Creo que hai que sacarlle o máximo rendemento aos xogadores que tes no persoal, xa que non vale de nada ter un estilo se non tes xogadores para facelo. Trátase de sacar o máximo posible de cada un para conseguir o obxectivo.

Mensaxe á afección:

A mensaxe é o que me transmite a min a persoa que se pon en contacto comigo e non é outro que a idea que se ten desde o Club, cun proxecto ilusionante que empeza agora e que vaia crecendo. Lembro un Gondomar CF que tiña sempre un gran respaldo da súa afección, e tentaremos devolver ao equipo que eu recordo en Terceira División onde merécese.

Que esperas da tempada nunha categoría tan igualada e cunhas aspiracións tan ambiciosas?

Espero que a tempada acabe co obxectivo conseguido, obxectivo que é o que todo o mundo quere que é o ascenso. Pero para iso, teremos que traballar moito.

Anuncios