Sin categoría

Consternación polo falecemento dun xogador do Baíña FS durante un partido

Este sábado tráxico en Galicia con varios mortos nas estradas da nosa Comunidade rematou tamén en traxedia para o deporte. Un xogador do equipo C do Baíña Fútbol Sala de Baiona falecía durante o partido que o seu equipo xogaba na pista do Gándara Guillarei este sábado pola noite. Marcos V.G. sufriu unha indisposición e nada se puido facer por salvarlle a vida.

A noticia deixou consternado a todo o fútbol sala galego. A Real Federación Galega de Fútbol, co presidente Rafael Louzán á cabeza, traslada o seu pésame e condolencias á familia e amigos de Marcos, así como a todos os que forman a gran familia do Baíña Fútbol Sala de Baiona.