Cea baile a beneficio da Asociación Española contra o Cancro do Val Miñor

FOTO: PEPE COSTAS // Directiva da Asociación Española Contra o Cancro do Val Miñor.

A Asociación Española contra o Cancro do Val Miñor organiza unha cea baile solidaria o vindeiro sábado 9 de novembro a partir das 21:00 horas no Restaurante Rocamar de Baiona. O prezo é de 35 euros por persoa e as reservas poden realizarse no teléfono 649 555 282. As persoas que non poidan asistir e queiran colaborar, poden facelo con 5 euros, e participarán nun sorteo de agasallos doados por establecementos colaboradores.