Arranca a campaña “Cada niño un juguete” con punto de recollida no Val Miñor

Este venres comeza a campaña “Cada niño un juguete 2019” e con motivo ademais do seu 10º aniversario, a Asociación Stop está a preparar unha serie de eventos relacionados con ela ao longo do mes de decembro. Este ano ademais de estrear nova localización do almacén central en Avd. Samil 67 en Vigo, terán algunhas sorpresas e como sempre participarán e colaborarán en varios eventos importantes na cidade olívica.

Esta campaña entregou nas nove edicións anteriores máis de 30.000 xoguetes a nenos de familias necesitadas de Vigo e a súa área de influencia e mesmo mediante petición previa, a varias asociacións e colectivos do resto de Galicia. Actualmente contan con máis de 70 personaxes públicos que apoian e apadriñan a campaña en toda España.

En 2016 foi seleccionada para competir nos Influence Awards, que se celebraron en Madrid, e resultou premiada coa segunda posición como mellor campaña na redes sociais, por encima de empresas como Coca Cola, Ron Barceló, Universal, etc.

Este ano a empresa ESYPRO doou unha furgoneta para a recollida dos xoguetes, ademais de organizar unha recollida de empresa. O grupo REC OFICIAL encargouse da posta a piques da furgoneta da campaña e participa ademais cunha recollida entre os seus talleres oficiais.

Tamén repite como patrocinador principal Míster X El Museo del Tempo en Praia de Patos, ademais de como punto de recollida da zona do Val Miñor.

Sumáronse á campaña 2019 varias ANPAS de colexios de Vigo como o de Sárdoma-Moledo, O Club Colexio Hogar, o IES S. Tomé de Freixeiro, a Escola Infantil Monte do Alba, etc.

19 taxistas de ELITE TAXI como todos os anos encárganse de maneira totalmente solidaria de recoller nos 24 puntos instalados para ese efecto en Vigo os xoguetes doados.

Este ano e con motivo do aniversario realizarán unha gala no Teatro Salesianos o 29 de novembro coa asistencia xa confirmada de Sergio Pazos, Silvia Fominaya, Beatriz Janeiro, Guillermo Castro, Patricia Moon, Fran Pahino e á que convidarán a participar a todos os restantes padriños da campaña que poidan achegarse ata Vigo para celebrar o evento.

Estes son os puntos de recollida establecidos en Vigo este ano:

• “La Terraza de los Juguetes” – Avda. de Samil 67. Vigo (ALMACÉN CENTRAL).
• Mister X “El Museo del Tiempo” – Playa de Patos. Nigrán.
• Centro Comercial Gran Vía – Avda. Gran Vía. Vigo.
• La Bioclínica – Otero Pedrayo, 4. Vigo.
• Kukadas Tienda – S. Roque 123. Vigo.
• Floristería Xazmín – Avda. Sanjurjo Badía, 45. Vigo.
• La Casa de la Abuela – Zapateira, 8. Canido.
• Beatriz González Estilistas – Avda. Sanjurjo Badía, 130. Vigo.
• Chikipandy – Camiño dos Balandros, 2. Chapela.
• Limpiezas Galaecia – Eugenio Kraft, 6 Bajo. Vigo.
• Galalecia Shop – Avda. Fragoso 66. Vigo
• SCDR Helios de Bembrive – Bembrive. Vigo.
• Ondas de Canido Camping – Playa de Canido. Vigo.
• Autorrecambios Buenos Aires – Gerardo Campo, 1. Vigo.
• FAVEC (FFVV Eduardo Chao) – Praza Princesa, 7-1ª. Vigo.
• Papelya – López Mora, 43. Vigo.
• Vanesa Durán & Chus de Prado Arquitecto – Alberto Baltar, 3-Local 3. Vigo.
• Rapid Glass – Avda. Buenos Aires, 43. Vigo.
• La Nave del Paintball – Estrada de Camposancos, 184. Vigo
• Fresa y Nata – Avda. Camelias, 121, Praza Independencia. Vigo.
• Peluquería Luada – Alonso Ojeda, 13. Vigo.
• Cafetería Estación – Baixada ao Bao, 63. Vigo.
• Estanco Coruxo – Estrada o Bao, 82. Vigo.
• Asociación de Personas Sordas – Romil, 24. Vigo.
• Almar Herboristería – Sanjurjo Badía, 137. Vigo.
• Academia Vivar – Nazario González, 9. Vigo.

Anuncios