Nigrán celebra o Samaín co Mago Rei Midas e Valeria Varitas

O Concello de Nigrán celebra este domingo 3 de novembro a festa de Samaín no Auditorio Municipal ás 17:30 horas co Mago Rei Midas e Valeria Varitas. O espectáculo está dirixido a nenos maiores de 5 anos e a entrada é libre ata completar aforo, que en ningún caso poderá ser superado. O Concello anima aos nenos a acudir con disfraces terroríficos para participar neste show de maxia cómica de aproximadamente 1 hora de duración e centrado na temática deste día.

Anuncios