Baiona celebra este sábado o VII Trail Trans Serra da Groba con 300 inscritos

Este sábado día 2 de novembro celébrase a 7º edición do Trail de Montaña Trans Serra da Gobra. Nesta edición contarán coa participación de 300 atletas, que se enfrontarán á dureza do monte. O Trail está composto por tres probas de diferente nivel e percorrido.

O Trail percorre 40 quilómetros con saída e chegada no Pavillón Municipal; o Mini Trail percorre 26 quilómetros tamén con saída e chegada no Pavillón Municipal; e os participantes no Trailiño percorrerán 12 quilómetros con saída en Chan da Lagoa e chegada no Pavillón.

Os 30 atletas que participarán no Trail realizarán a saída desde o Pavillón ás 8:00 da mañá. Os 115 atletas que compiten no Mini Trail farán a saída desde o Pavillón ás 10:00 e os 160 atletas que participan no Trailiño farano desde Chan da Lagoa ás 11:00.

Os 300 participantes irán chegando á meta situada no Pavillón Municipal, onde serán recibidos con moita ilusión polos seus familiares, amigos e veciños. A entrega de premios das tres categorías será ás 15:00 horas tamén no Pavillón.

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona desexa as mellores das sortes para o desenvolvemento desta 7ª edición do Trail de Montaña Trans Serra da Groba para todos os participantes, esperando que sexan capaces de satisfacer e cumprir as súas necesidades.

Anuncios