Un punto na Malata para o Baíña FS e debut doutro canteirán

O Baíña FS de Terceira Nacional tróuxose un valioso punto da Malata contra o filial do O Parrulo de Ferrol, unha das mellores escolas de futsal de Galicia. O equipo dirixido por David Pérez chegou a ir vencendo durante moitos minutos e o empate só chegou nos instantes finais debido ao empuxe local e o cansazo dos baioneses que viaxaron con moitas baixas. Destacar o debut de Rafael, xogador formado integramente na canteira do club baionés. Con este empate o equipo cóllelle o pulso á categoría e logra sumar por terceira xornada consecutiva, algo que dá moita motivación para seguir traballando e gozando deste histórico ano, xa que é o primeiro club baionés en xogar na terceira nacional.

Anuncios