Sin categoría

Triunfo do Cereixa ante o Cesures

Triunfo na saída da tarde de onte ao Municipal de Pontecesures. O Coperfi Cereixa Gondomar FS mostrou mellor xogo que o equipo local sobre todo na primeira parte, onde se chegou co resultado de 1-3 e con sensación de controlar o encontro.

Na segunda metade as cousas cambiarían, o equipo de casa empuxaba forte con máis intensidade e cunha presión alta, tocaba poñerse a defender e neses momentos os de Vincios sempre responden como foi o caso. Cabe destacar o control do partido nos minutos finais con grandes posesións que fixeron que o marcador nunca correse perigo e chegásese ao 2-6 final.

A partir do luns toca seguir traballando con humildade para seguir con esta serie positiva e chegar aos postos altos da clasificación. Desde o Cereixa agradecen a toda a afección desprazada a Pontecesures na tarde de onte, aos novos patrocinadores de sudadeiras e pantalóns que estrearon (Hupegal, Instalia, Pérez Leyenda) e dedicar estes tres puntos a Adrián Lago Víctor, que non puido acabar o encontro por unha lesión, “moito ánimo e esperámosche moi pronto Adri”.

Seko (2), Abraham (1), Rubén (2+1) foron os goleadores.