A praia de Panxón acolle este domingo a final da liga autonómica galega de Futevolei

O Concello de Nigrán colabora coa Asociación Futevolei Vigo para ofrecer este domingo 27 de outubro na praia de Panxón a final da liga autonómica de Futevolei, prevista para o domingo pasado pero que tivo que ser suspendida por mor da choiva. Para esta quinta e derradeira etapa están inscritas 14 parellas.

O torneo, que arranca ás 10:00 da mañá, conta con dous categorías, Amateur e Prata, e se disputará cunha liguiña inicial e conseguintes eliminatorias ata chegar a final, que terá lugar sobre as 19:00 horas.

O obxectivo da Asociación Futevolei Vigo é difundir este deporte e promovelo para realizar máis competicións. Trátase dun deporte fusión do voleibol e o fútbol que se xoga principalmente en campos situados sobre a area da praia, aínda que tamén é practicado en superficies de formigón ou herba, sempre simulando un campo de voleibol. Goza de gran popularidade en países como Brasil, Paraguai e España. As normas son similares ás do voleipraia, salvo a excepción de que non está permitido golpear o balón coa man ou o resto do brazo. O habitual é que os equipos estean formados por dous xogadores, aínda que tamén pode xogarse un contra un.