Gran cartel no II Torneo de Nadal do Gondomar CF, no que estará o FC Porto

Este Nadal, o Gondomar CF volverá ter Torneo nas Gaiandas. A cita será moi especial, pois nesas datas numerosas familias danse a oportunidade de acompañarlles e vivir unha xornada festiva. O día 28 de decembro serán equipos benxamíns de segundo ano os que lles visiten, mentres que o día 29 será a quenda para os alevíns de primeiro ano.

Entre os moitos equipos confirmados, atópanse como principais novidades a do Pabellón CF de Ourense, a AD Polígono da mesma provincia, ou o FC Porto, dende Portugal. Moitos equipos da contorna repetirán respecto á participación do ano pasado, entre eles o Atlético Riveira, que será un dos representantes da provincia de A Coruña.

Boa gastronomía como vén sendo habitual, gran ambiente, coidan que o tempo acompañe e poidan nunhas datas moi especiais, pasar unhas xornadas inesquecibles sobre todo para os máis cativos, que contarán con numerosas sorpresas.