“Ao encontro de Martín Códax” na Biblioteca de Baiona

O día 24 de outubro de 1992, durante o conflito dos Balcáns, a Biblioteca de Saraievo foi incendiada por un profesor usuario da Biblioteca. Desde 1997 celébrase o Día da Biblioteca para resaltar a importancia das bibliotecas como centros de encontro, conservación e difusión de diversidade cultural.

Para conmemorar esta data neste 2019 desde a Biblioteca e Arquivo Histórico Municipal de Baiona queren celebralo con todo o público con “Ao encontro de Martín Códax” a cargo de Xoán Curiel, unha actividade que aglutina literatura, música, relatos, transmisión… Dita actividade realizarase desde as 18:00 horas deste xoves e consta dun espectáculo-percorrido cantado e explicativo polo Pergamiño Vindel e as 7 cantigas de Martín Códax (e outros trobadores galego-portugueses). Interpretaranse as cantigas coa súa notación musical orixinal e farase unha nova reinterpretación das mesmas. Así mesmo contarán a historia deste pergamiño e curiosidades das cantigas.

Anuncios