Cristian Suárez e David González, 4º e 5º no Torneo Internacional de Negrepelisse

Bos resultados dos deportistas galegos no Torneo Internacional de Negrepelisse, en Francia, onde os deportistas becados no CGTD de Pontevedra acadaron os seguintes resultados:

– Santiago Sánchez, do Club Keltoi de Vila de Cruces, proclamouse campión do Torneo Internacional en Júnior 86 kg.

– Nerea Iglesias Campos, da Escola Ayude de Santiso, tras sufrir unha lesión, finalizou en 3ª posición na categoría Cadete 73 kg.

– Cristian Suárez, do Club de Loita Sabarís de Baiona, finalizou en 4ª posición na categoría Júnior de -74 kg.

– David González, do Club de Loita Sabarís, e Saul Bello, do Club San Ignacio de Vigo, perderon sendas loitas polo bronce, finalizando ambos en 5º posición.

O técnico, Rubén Méndez, afirma que esta competición serve para valorar o estado de forma dos rapaces, e descubre novas liñas de traballo para mellorar o rendemento dos nosos atletas.

A boa actuación dos deportistas galegos, que formaron parte da selección nacional, serviron para proclamarse campións do Torneo por seleccións.

2019-10-21 - Selección Española

Anuncios