Ampla vitoria do Gondomar ante o FC Xinzo para seguir en postos de play off

Gran encontro o que presenciaron os siareiros de Xinzo e Gondomar no Eido D´Albo, que respondían á chamada do conxunto local para presenciar o partido ante un histórico. Catro goles de Rafa e dúas poutadas locais, os protagonistas.

Na primeira metade os de Víctor Santos controlaron o encontro ante un rival con empuxe, que tentou facer dano saíndo á contra, algo que evitou moi ben a zaga do Gondomar. Os visitantes remataban todas as xogadas, e conseguiron dominar dende atrás. O poder no medio do campo foi total, e esa comodidade plasmouse no verde, onde as ocasións sucedíanse. Así nunha falta algo escorada, Rafa puxo o que sería o primeiro dos seus catro goles. Pouco máis tarde ampliaría diferenzas culminando unha boa xogada de ataque dos nosos. O equipo local recortaría diferenzas mercé a un gran golpeo de falta directa, co que chegaría o tempo de lecer con vantaxe para os miñoranos.

Na segunda metade a superioridade visitante foi máis notoria, Rafa volvería a aumentar diferenzas e unha indecisión na saída de balón provocou que tras un roubo, os de Ponteareas recortasen diferenzas. Así e todo os de Víctor Santos tiraron de oficio, e un penalti provocado por Mario Fernández aproveitouno Rafa para facer o 2-4 definitivo. A vindeira semana o Gondomar volverá ás Gaiandas para medirse ao San Esteban.

FICHA TÉCNICA

FC Xinzo: André, Sabino ,Hugo, Daniel, Víctor, Adrián, David, Antonio, Albano, Sanromán e David Domínguez. Tamén xogaron Alberto, Alexander, Héctor e Mario.

Gondomar CF: Sebas, Javichu, Marcelo, Romero, Dani Cabezas, Xabi Pereiro, Javi Martínez, Pablo Gul, Brais Rafa e Mario. Tamén xogaron Carlos, Álex Oya, Pablo Ozores e Mario Fernández.

Goles: 0-1 Rafa 16, 0-2 Rafa 25´, 1-2 Antonio 26´, 1.3 Rafa 70´2-3 David 72´ y 2-4 Rafa 89´.
Árbitro: David Táboas Lagoa, do colexio de Vigo. Amonestou polo Gondomar a Javi, Romero e Ozores; e pola quenda do Xinzo a David, Daniel, Mario y Sanromán.

Incidencias: Partido disputado no Campo Eido D’Albo, ante unhas 60 persoas, nunha tarde no que o tempo respectou bastante, e correspondente á xornada 7 de liga.

Anuncios