Triunfo vital do Cereixa ante o Apóstol

Triunfo na chuviosa tarde de onte onde o Coperfi Cereixa foi máis que un visitante que se presentaba no Municipal de Gondomar con 4 vitorias sobre 5 encontros disputados.

Polo lado local a racha era negativa, só 2 vitorias sobre 4 encontros e malas sensacións que motivaron cambios na estrutura técnica do equipo. Por todo isto, o partido era vital xa que, ante un novo tropezo, o equipo podía empezar a descolgarse da cabeza no mes de outubro.

Con todo, o Coperfi Cereixa saíu decidido a dar unha boa imaxe e a levar o control do partido. Ben plantado en defensa e comprometido na presión, o equipo non deu opción ao Apóstol FS de Vigo e sacou a reducir parte do seu potencial ofensivo co 7-1 final. E das cousas para mellorar, unha é a finalización xa que a pesar do resultado, os de Gondomar tiveron múltiples situacións para ampliar o marcador final.

O importante era dar un golpe sobre a mesa e o equipo cumpriu co labor. Agora toca seguir traballando con humildade para empezar a “asomar a cabeza” nos postos altos da clasificación.

Hugo, Gaby (2), Seko, Rubén, Abraham e Mintes foron os goleadores.

Anuncios