
O Concello de Nigrán colabora coa Asociación Futevolei Vigo para ofrecer este domingo 20 de outubro na praia de Panxón a final da liga autonómica de Futevolei. Para esta quinta e derradeira etapa están inscritas 23 parellas formadas por xogadores de Galicia, Brasil, Uruguay e Portugal, destacando o campión nacional luso Beto Correia, que irá próximamente a Israel a competir polo Mundial.
O torneo, que arranca ás 10:00 da mañá, conta con dúas categorías, Amateur (4 parellas) e Prata (19 parellas), e se disputará cunha liguilla inicial e conseguintes eliminatorias ata chegar á final, que terá lugar sobre as 19:00 horas (Prata).