O Concello de Nigrán ilumínase de rosa no día mundial contra o cancro de mama

O Concello de Nigrán únese á celebración do día internacional contra o cancro de mama o 19 de outubro iluminando esta noite e a próxima de rosa a súa fachada. Este día busca concienciar á sociedade da importancia da investigación e do diagnóstico precoz desta enfermidade porque o cancro de mama é o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, xa que unha de cada oito o padecerá ao longo da súa vida. En España diagnostícanse o redor de 33.307 novos cancros de mama ao ano.