Gondomar apraza 24 horas o obradoiro “A fábrica de corazóns solidarios”

Ante a previsión de choivas desta tarde, a Concellería de Educación do Concello de Gondomar decidiu aprazar 24 horas a celebración do obradoiro “A fábrica de corazóns solidarios”, para garantir que todos os nenos/as interesados/as en participar poidan facelo. A actividade celebrarase mañá xoves 17 de outubro na Casa da Cultura a partir das 18.00 horas.

Anuncios