Nigrán celebra o II Festival de Rondallas do Val Miñor na Alameda de San Campio

O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen o domingo 26 de decembro desde as 11:00 horas un encontro de rondallas na Alameda de San Campio. Como anfitrioa participa a Rondalla de Santiago de Parada xunto á do Centro Cultural A Merced de Chaín e a Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios. Pola súa banda, o tradicional pasarrúas da Rondalla de Santiago de Parada na mañá do día 24 posponse ata o día 30 ante a previsión de choiva. As rondallas son formacións musicais con gran raigame en todas as Rías Baixas e particularmente na comarca do Miñor, polo que o Concello de Nigrán desexa manter este certame ao aire libre e con todas as garantías sanitarias.