Cristian Suárez e David González, ao Torneo Internacional de Negrepelisse

FOTO: CLUB DE LOITA SABARÍS // Cristian Suárez e David González.

Os baioneses Cristian Suárez e David González participarán no Torneo Internacional de Loitas Olímpicas de Negrepelisse, en Francia, que se celebrará do 18 ao 20 de outubro. Cristian Suárez farao na categoría de 74 kg Júnior e David González en 57 kg na disciplina de Loita Libre Olímpica. Ambos os dous deportistas, integrantes do Club de Loita Sabarís, permanecen concentrados nesta tempada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, cursando 1º de Bacharelato.