O CPI Arquitecto Palacios entrega aos Servizos Sociais de Nigrán 1.330 € en vales de comida

Unha representación de alumnos e docentes do CPI Arquitecto Palacios de Panxón entregou onte ao alcalde de Nigrán 1.330 € en vales canxeables por comida para que os Servizos Sociais do Concello os distribúan entre as familias en dificultade. Á entrega, que tivo lugar nas instalacións do centro educativo, acudiu tamén a concelleira de Educación, Marina Vidal, e a de Asuntos Sociais, Bibiana Peixoto. Os cartos foron recadados na “X Carreira Solidaria” que organizan cada ano coincidindo co Día da Paz e na que tamén participaron alumnos do CEIP da Cruz (Camos), CEE Juan María, CEE Panxón e Escola Infantil Dunas. Foron máis de 100 alumnos os que correron tras achegar os seus patrocinadores adultos unha axuda para a causa (cadansúa volta ao circuíto é premiada por un “padriño”).

Anuncios