
Dende o Círculo Podemos Baiona e o Círculo Podemos Nigrán pasaron por rexistro unha moción sobre a problemática do Hospital Povisa, que afecta a Vigo e toda súa Área Metropolitana. Esta moción está relacionada coa iniciativa presentada no Parlamento de Galicia o pasado día 8 deste mesmo mes, pola deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla Fernández.
Esta solicitude insta unha auditoría respecto á venda do Hospital Povisa e o estudo dunha fórmula administrativa máis axeitada e favorable que permita ao Servizo Galego de Saúde asumir a atención sanitaria de POVISA, garantindo os postos de traballo e as prestacións sanitarias.
Posto que afecta a 137.000 persoas adscritas a este hospital, ademais dos seus traballadores e traballadoras que sofren un endurecemento das súas condicións laborais. Así mesmo, tamén se quere denunciar a falta de transparencia das contas da empresa e a propia negociación.