Nigrán continúa co mes do teatro con “La zapatera prodigiosa” do grupo Rosalía de Castro

O Concello de Nigrán continúa este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal co seu ciclo de teatro, recibindo nesta ocasión ao grupo Rosalía de Castro de A Salgueira coa obra “La zapatera prodigiosa”. O Concello programa actuacións de grupos de teatro afeccionado da comarca os restantes sábados de outubro e ata o 16 de novembro, todas elas con entrada de balde e ata completar aforo.

A seguinte actuación será o 19 de outubro co grupo Porta Aberta de Vigo con “Extraños hábitos”, de Hugo Daniel Marcos; o 26 de outubro Teatro Castro Barreiro de Salceda de Caselas con “Os tres grandes sinvergoñas”; o 9 de novembro Teatro do Ar con “Distintas compañías”; e o 16 de novembro o grupo Expresión Teatro de Mourente con “Convivir”.

Anuncios