Baiona inicia as tarefas de limpeza dos ríos do municipio

Desde a Concellería de Medio Ambiente e coa previa autorización de Augas de Galicia, o Concello de Baiona comezou este xoves a realización da limpeza de todos os ríos do municipio. Debido á proximidade das choivas contratouse unha brigada para proceder á limpeza de cursos fluviais sempre tendo en conta a flora e fauna a protexer medio ambientalmente. Os traballos empezáronse polo río Groba na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa e iranse levando a cabo segundo importancia.

Con esta intervención preténdese que non haxa atascamentos no leito debido a árbores caídas e matogueiras moi elevadas en canto ao seu crecemento que poidan impedir o caudal de auga normal do río. “Son máis de seis quilómetros de leitos para mellorar as condicións e para previr as posibles crecidas cando chegue o mal tempo. Hai anos neste municipio sucederon grandes inundacións e polo benestar de todos os veciños/as faise a limpeza para impedir que volva pasar unha catástrofe de tal magnitude”, sinalan desde o Concello.

Anuncios