Abertas as inscricións para participar na Liga de Pádel de Baiona

A Concellería de Deportes de Baiona ten abertas as inscricións para participar na Liga de Pádel 2019/2020, que se desenvolverá do 1 de novembro ata o 1 de xaneiro do próximo ano na pista do Pavillón Municipal, para as categorías masculina, feminina e mixta.

A data límite para inscribirse na liga é o 30 de outubro, o número de prazas é limitado e será por rigorosa orde de inscrición, unha vez alcanzadas as parellas máximas en cada unha das categorías pecharase a inscrición e realizaranse os sorteos dos diferentes grupos.

As inscricións, totalmente gratuítas, realizaranse no Pavillón Municipal de Deportes situado na Rúa Dolores Agrelo s/n de Baiona (Telf. 986 356 558. Mail: deportes@baiona.org), no horario de apertura das instalacións (luns a venres de 8:00 a 23:00 horas e fins de semana de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas).

O sistema de competición utilizado é o de “todos contra todos” realizando grupos mediante os cales todos os participantes de cada grupo enfrontásense entre si, despois en función ao posto logrado en cada grupo realízanse grupos enfrontándose as parellas en función ao seu nivel para conseguir facer os partidos o máis igualados posibles.

Os partidos desenvolveranse a 2 set de 6 seis xogos, o que supón un máximo de 3 set por partido, xogándose “morte súbita” cando así o requira o partidos en todos os sets.

Anuncios