
A Concellería de Cultura de Baiona quere poñer en marcha a creación do Comité Municipal de Cultural, onde estean representadas todas as asociacións deportivas, culturais, colexios, ANPAS, etc. do municipio. Para iso convocan a todas as asociacións para explicarlles detalladamente a proposta, e ao mesmo tempo, co obxectivo de que lles fagan chegar todas as súas achegas e suxestións para poñer en marcha “este proxecto tan importante para nós”, sinala Miriam Mar Costas.
“O obxectivo fundamental que se persegue é dinamizar a nosa cultura, tentar chegar a acordos en temas e eventos que consideren de interese para Baiona, sempre dentro das posibilidades do Concello, e que expoñan as súas necesidades concretas como asociación, e que actividades gustaríalles que levásemos a cabo”, destaca a concelleira.
A primeira reunión terá lugar o mércores 16 de outubro ás 20:00 horas no Multiusos Ángel Bedriñana. As entidades que desexen participar deben confirmar a súa asistencia no Departamento de Deportes, no teléfono 986 356 558 ou en deportes@baiona.org.