Arranca en Baiona o curso “Xogando con Risas Aseguradas”

Este luns comezou no Auditorio do Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona o curso “Xogando con Risas Aseguradas”, escollido pola Concellería de Servizos Sociais dentro do programa promovido pola Deputación de Pontevedra “Tecendo Lazos”.

Ao comezo deste obradoiro, que se desenvolverá ata o próximo venres 11 de outubro polas tardes de 16:00 a 19:30 horas, asistiron a Deputada Provincial, Iria Lamas, e o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez. Nesta pequena visita ambos lle deron a benvida aos participantes deste curso, desexándolles que gocen moito desta experiencia e sobre todo que aproveiten o tempo de lecer que van compartir entre nenos e maiores, xa que o obxectivo deste proxecto é unir os lazos entre as distintas xeracións que forman unha familia.

A concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara, quere agradecer aos usuarios do obradoiro por participar en cursos como estes xa que melloran as relacións entre cativos e maiores e poden compartir experiencias do seu día a día.

Anuncios