Unha trintena de establecementos do Val Miñor participan na campaña “Días Azuis”

Unha trintena de establecementos do Val Miñor participan na campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña terá lugar ata o 20 de outubro e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 16.200 euros en premios, distribuídos en 28 tarxetas prepago regalo de 300 euros (7 por provincia) e 52 tarxetas de 150 euros (13 por provincia), que deberán ser empregados para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 15 de decembro. O sorteo realizarase ante notario o 24 de outubro.

Para participar na campaña, proporciónanse dúas maneiras diferentes: rexistrar a compra na páxina web www.diasazuis.com o coa colaboración do comerciante, sendo el o que rexistre a compra a través da páxina web www.diasazuis.com/comercios. Deste xeito, o consumidor obterá unha participación a maiores para o sorteo. En ambos os dous casos, o cliente debe fotografar e/ou gardar o ticket de compra como xustificante da mesma.

Os gañadores dos premios serán contactados pola Federación Galega de Comercio para informarlles do premio obtido e cando será entregado. Así mesmo, os gañadores do sorteo publicaranse na páxina web unha vez finalizada a campaña.

2019-10-07 - 71242508_3048338048724008_5691596738314371072_n