Sin categoría

Obradoiro de crochet no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona acollerá un obradoiro creativo de crochet (ganchillo), con faladoiro. Comezará o venres día 11 de outubro e prolongarase ata o próximo mes de xuño, todos os venres. Todas as persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse no teléfono ou WhatsApp 722 685 441.

Dirixido a todas as persoas, tanto adolescentes como adultos, mulleres e homes, que queiran penetrarse nesta artesanía. Non fai falta ter experiencia, e os que xa teñan coñecementos, poden adquirir maior dominio e control, sobre como combinar puntos para tecer, coñecementos na cromoterapia, como combinar as cores frías e cálidas para unha maior composición, como escoller o material adecuado para cada labor, que gancho ou ganchillo hai que utilizar segundo como se ganchilla, e personalizar os labores e desenvolver a creatividade.

A importancia de reunirse con xente para socializarse, estar acompañada ao mesmo tempo que se tece e confecciona, saír da monotonía, exercer a memoria, fortalecer e outorgar maior capacidade de movemento ao mesmo tempo que se elimina tensión. Axuda a conciliar mellor o soño, manter a mente activa, saír do estado de confort, e poderanse realizar labores distintos, desde roupa, complementos, mantas, mantas de apego, ponchos, chaquetas, abrigos, colares, bikinis, tops, xersei, gorros, chapeus, bufandas, zapatillas, cortinas, decoración para datas sinaladas, mantelería, tapetes, reloxos, gravatas, paxarelas, pulseiras, gargantillas, colares, pendentes, puntillas, accesorios, etc.