Un centenar de persoas “patrullan” coa Garda Civil pola baía de Baiona

Con motivo da celebración do seu 175 aniversario e da festividade da súa patroa, a Virxe do Pilar, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de outubro, a Garda Civil abriu este domingo as portas dunha das súas patrulleiras, a “Río de Guadalope”. Un centenar de persoas de todas as idades, previamente inscritas, puideron coñecer a embarcación e facer unha pequena saída pola baía de Baiona. Cada grupo de 15 pasaxeiros puido gozar dun pequeno roteiro de aproximadamente 45 minutos, podendo divisar desde o mar a Praia de Santa Marta, Praia América, Panxón, Monteferro, as Illas Estelas ou a Fortaleza de Monterreal, para a continuación regresar a porto.

Anuncios