Derrota do Cereixa ante o Ourense

Non tiveron o día os de Vincios ante un bo equipo ourensán que foi máis intenso e efectivo cara a porta e acabou levándose os tres puntos. A primeira parte acabou co 1-1 que reflectía a igualdade do partido e a dificultade do mesmo. Tras o descanso o Cereixa púxose por diante no marcador, pero tan só foi un espellismo porque non era a tarde dos de Gondomar e rapidamente o equipo visitante reaccionou remontando o marcador ata o 4-6 final. Os goles locais foron obra de Rubén (2) Hugo e Luca. Agora toca pensar e preparar o próximo encontro contra o Abetos e tentar volver á senda da vitoria.

Anuncios